Dev Fest 2021: Novo formato

Posted:

Tras un ano de practicamente total inactividade por parte do GDG Santiago, voltamos coa nova edición do Dev Fest. Este ano debido ás medidas sanitarias que aínda existen na nosa cidade, Santiago de Compostela, a organización optou por levar a cabo o evento dunha forma un tanto distinta.

O Dev Fest 2021 que propoñemos dende o GDG Santiago basearase nun conxunto de eventos en liña, charlas ou talleres, durante os meses característicos do Dev Fest: outubro, novembro e decembro. Con esta proposta pretendemos que, pese a non nos podermos reunir de maneira multitudinaria como era o habitual en edicións pasadas, podamos compartir tempo de calidade por medio dunha serie de eventos todo o amenos e interactivos posible para compensar a necesidade de empregar un formato online.

Estade atentos ás nosas redes para poderdes estar ao tanto dos eventos tan pronto se anuncien! 😃

Subscribe via RSS