Call for Papers (CFP)

Posted:

O Dev Fest 2021 organizado polo GDG Santiago englobará unha serie de eventos en liña que terán lugar entre os meses de outubro, novembro e decembro de 2021.

Se queres formar parte destes eventos non dubides en contactar connosco!

Que tipo de perfís acostuman ter os poñentes no DevFest?

  • desenvolvedores
  • empresas adicadas ao mundo do software/hardware
  • institucións adicadas á investigación relacionada coa área das TIC
  • empresas, organizacións ou individuos que usen tecnoloxías de Google

En caso de non pertenceres a ningún deses grupos, non esquezas que só é algo a título indicativo. Se cres que tes algo que compartir coa comunidade, non dubides en contactar!

Que podo atopar no Dev Fest?

Dende a organización, tratamos de buscar eventos diversos que non se estanquen só nunha tecnoloxía ou temática. Tampouco limitamos os eventos ao ámbito técnico, pois pensamos que hai charlas sobre temas transversais que teñen unha grande importancia e poden achegar valor á comunidade.

Polo tanto, a única limitación dentro da temática é que teña algún tipo de vinculación co mundo tecnolóxico, xa sexa un taller sobre desenvolvemento na nube con GCP, como unha charla sobre como implementar de maneira saudable o traballo remoto.

Envíanos as túas propostas eiquí 🤗

Deadline

Dada a natureza do Dev Fest deste ano, o CFP non será pechado até o fin da temporada de Dev Fest (decembro 2021). Se algunha proposta interesante non puider ser exposta a tempo, dende o GDG Santiago trataremos realizala aínda que for fora do formato e da temporada Dev Fest.

Atención

O feito de enviar unha proposta non quere dicir que sexa aceptada automaticamente para a realización dun evento a posteriori.

Tanto no caso de que a proposta sexa aceptada como rexeitada, a organización poñerase en contacto coa persoa, empresa ou institución en cuestión para a informar sobre a decisión.

Algunha pregunta?

Contacta connosco! gdgsantiagodecompostela@gmail.com

Subscribe via RSS