Código de conduta

É obrigatorio que toda a xente que participe nos eventos enmarcados dentro do Dev Fest 2021 Santiago de Compostela acepten o seguinte código de conduta. A organización comprométese a facer cumprir este código ao longo dos eventos, confiando na colaboración conxunta para tratar de manter un espazo seguro.

As nosas normas

Dev Fest 2021 Santiago de Compostela ofrece unha experiencia libre de abusos, con tolerancia cero fronte aos mesmos. Nestes abusos inclúense de forma explícita: comentarios ofensivos relacionados co xénero, orientación sexual, discapacidade, raza, relixión, aparencia, uso de imaxes ou contidos sensibles (p.e.: contido sexual, racista, etc.), intimidación, acoso, realización de fotografías ou gravación dun abuso e as interrupcións reiteradas e con natureza maliciosa en charlas/talleres. En base ao anterior, non é apropiado e rexéitase por completo o uso de material ou linguaxe ofensiva tanto nas charlas como nos talleres, así como nas RS relacionadas cos eventos.

Estas normas deberán ser cumpridas por calquer participante do evento sen importar o seu rol dentro do mesmo. Son normas comúns, polo tanto, para asistentes, poñentes, patrocinadores e colaboradores.

Calquer persoa que viole ditas regras poderá ser sancionada ou expulsada pola organización do evento onde se produza a vulneración.

En caso de terdes calquer tipo de problema, non dubidedes en contactardes inmediatamente con alguén da organización. Dada a natureza online dos eventos deste ano, sempre haberá moderadores en liña nas charlas e talleres para axudar aos poñentes pero, tamén, para atender aos participantes e xestionar calquer interacción indesexada.

Finalmente, pregamos manter un comportamiento respectuoso de cara aos demáis para lograrmos establecer conxuntamente un espazo seguro e libre de abusos.

Contacto